Unifoz presenta unha moción para a regulación dos soldos dos Alcaldes en función da poboación, extensión do concello, presuposto, etc. Adxuntamos documento presentado para a súa tramitación.
Foz a 7 de XULLO de 2011
D. JAVIER JORGE CASTIÑEIRA, ALCALDE-PRESIDENTE
Jaime Cancio Rodríguez, en representación de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que segundo as informacións recollidas nos diferentes medios de comunicación e como consecuencia das últimas eleccións locais, estanse a celebrar os plenos de organización das Corporacións Locais nos que se aproban asignacións económicas e adicacións exclusivas para Alcalde/Alcaldesas e outros membros da Corporación.
Vista a información publicitada , podemos asegurar que non hai ningún criterio xeral que o poda xustifar, pois cunha simple análise, podemos ver as grandes diferencias económicas entre uns concellos e outros.
UNIFOZ,considera que todos teñen e mesma responsabilidade, a de ser Alcaldes/Alcaldesas independentemente da profesión que tiñan antes de acceder ao posto.
UNIFOZ,considera que a diferencia de responsabilidade de un /unha Alcalde/ Alcaldesa está condicionado polas peculariedades de cada Concello (poboación, extensión, presuposto...), así pois pareceria lóxico que as asignacións economicas e o número de adicacións exclusivas estivera condicionado e regulado por lei en función dos criterios expostos.
Polo exposto, UNIFOZ presenta a seguinte MOCIÓN para que sexa tratada na Sesión Plenaria coa finalidade de que a Corporación Municipal traslade á Xunta de Galicia e Goberno do Estado a nosa petición coa finalidade de que se regule por lei os salarios dos/das Alcaldes/Alcaldesas así como o número e cuantía das adicacións.
O Portavoz
Jaime Cancio Rodríguez
Publicamos a continuación os datos oficiais das mesas electorais das Eleccións Municipais 2011 en Foz e parroquias.


Segue con nos o resultado das eleccións en Foz, exerce o teu dereito e fai que cambien as cousas en Foz.
Ir á páxina.
Dende UNIFOZ queremos pedirvos que nos acompañedes NESTE ÚLTIMO ACTO DE CAMPAÑA, na festa de peche de campaña electoral que terá lugar hoxe venres día 20 de maio ás 21:00 h na Escola de Fazouro.

Espéramoste, moitas gracias e un saúdo
Saudos.